As Illas Cies atópanse situadas no corazón das Rías Baixas, na provincia de Pontevedra,Galicia, no noroeste de España. Desde xullo de 2002 forman parte , xunto aos arquipélagos de Ons, Sálvora e Cortegada o Parque Nacional das Illas Atlánticas que se extenden ao longo das Rías Baixas. As Cíes, pertencentes ao Municipio de Vigo, atópanse na Ría de Vigo formando unha barreira natural entre a ría e a mar. O Arquipélago das Illas Cíes está constituido por tres illas principais: Illa de Monteagudo ou Norte, Montefaro e San Martiño ou Sur, e pequenos illotes tales como A Agoeira ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e O Ruzo. O arquipélago ten unha extensión de 2658 hectáreas mariñas e 433 terrestres. Frente á Ría de Vigo, as Illas Cíes forman unha barreira natural que convirte o porto de Vigo nun dos máis seguros do mundo.
Aqui vos deixamos un video das illas cies esperamos que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario